domingo, 19 de mayo de 2013

Son feliz, non me preocupo...

"Soy feliz
                                                                              no me preocupo
                                        ... SOY YO QUIEN TIENE PREOCUPADO AL MUNDO"
                                                                                          Jimmy Liao: Soy feliz
 

Este ano compartimos  emocións axudados de Jimmy Liao,  Anthony Browne e os "Quitapesares" e voltamos á lectura de Sacapenas  que xa realizaramos o ano pasado.


Daquela, despois da lectura de Sacapenas de Anthony Browne editado por Kalandraka e de amosarlles os meus "sacapenas", un neno pediu se lle podía deixar un para levar á casa. A partir dese día os bonecos foron pasando polas súas casas e as preocupacións quedaron debaixo das súas almofadas. Tamén quedou algún sacapenas polo camiño porque eran moi pequeniños ata que a profe atopou uns dun tamaño un pouco máis grande na tenda de Intermón Oxfam . Dentro da caixiña onde se atopaban hai unha nota que di: "Entre las comunidades indígenas mayas de Guatemala, se cuenta una leyenda que dice: cuando tienes un problema, compártelo con un quita pesar. Antes de dormir cuéntale el problema y ponlo debajo de tu almoada. Mientras duermes, las muñecas se llevarán tus preocupaciones"

Este ano os "sacapenas" e as súas preocupacións quedarían na clase dentro dunha caixa de cartón acompañados  dun cartel. 

Os xoves, despois de escoitar a lectura dunhas páxinas de Soy Feliz, no me preocupo de Jimmy Liao editado por Barbara Fiore cada nena e neno que o desexara introducía dentro da caixa as súas preocupacións escritas nun papel. Para min o momento da lectura deste libro era o mellor  da semana e podería dicir que de todo o curso porque as súas caras estaban cheas de emoción e ledicia mestras escoitaban e ollaban as ilustracións, de feito, cando rematamos o libro comezaron a aplaudir de forma espontánea sen parar ...porque Jimmy Liao é especial!


Nas súas páxinas o autor, coa sensibilidade que lle caracteriza, amósanos unha chea de preocupacións de xeito amable, doce e con humor: "Me preocupan los falsos profetas y los verdaderos estupidos" "Me preocupa que cacen ballenas prácticamente hasta extinguirlas"."Me preocupa que el egoismo se convierta en virtud". "Me preocupa que los niños pierdan la inocencia"."Me preocupa que los  niños estén tristes y no alegres". "Me preocupa que los perros callejeros persigan a los gatos de callejón". "Me preocupa que los deberes de los niños sean interminables"."Me preocupa que haya quien llora por las notas de los examenes". "Me preocupa que los hijos de los pedagogos necesiten pedagogos" "Me preocupa perseguir las nubes sin alcanzarlas". "Me preocupa que el congelador no funcione"...

As preocupacións  non as lin (e me custou porque eran persoais e ninguén abría a caixa para ler as dos demais) ata que empecei a escribir este post,  pero creo que é importante saber o que lles preocupa aínda que algunhas das súas preocupacións estaban influenciadas polo que acababan de escoitar: "Me preocupa que no tenga amigos. Me preocupa el planeta. Me preocupa que no lleve al cole el estuche. Me preocupa que el mundo se inunde. Me preocupa que Bryan no venga a mi casa. Me preocupa que Leo muera. Me preocupa que maten a mi abuela. Me preocupa que los niños no tengan familia. Me preocupa que mi mamá se enfade. Me preocupa que mi mami se ponga malita. Me preocupa que nadie tenga familia.  Me preocupa que el mundo tenga miedo. Me preocupa que haya inundaciones. Me preocupa el medio ambiente mucho, mucho. Me preocupa que mis padres no me quieran. Me preocupa que mi abuela atraque un banco. Me preocupa que los niños estén callados.Me preocupa que mi perro Roi muera. Me preocupa que mi madre muera. Me preocupa que los niños griten. Me preocupa que no apruebe. Me preocupa que mi familia no sea feliz. Me preocupa que mi prima sea mala de mayor. Me preocupan los animales abandonados. Me preocupa que algunos se burlen de mi. Me preocupa que mueran mis compañeros. Me preocupa que no tenga un sacapenas. Me preocupa que la gente mate personas. Me preocupa que el mundo se contamine. Me preocupa que nadie tenga hogar, agua ni comida. Me preocupa que los niños no atiendan. Me preocupa que el mundo sufra. Me preocupa que el mundo sea tristeza. Me preocupa que el Madrid pierda. Me preocupa que la nevera no tenga comida. Me preocupa que me quede sin comida. Me preocupa que me peguen. Me preocupa que mi madre sea mala. Me preocupa que no seamos felices. Me preocupa que haya crisis..."




"Querido mundo,
por favor, no te preocupes por mí.
Estoy aprendiendo a menejar mis preocupaciones.
Te lo ruego, dame un poco más de tiempo
para que pueda ocuparme
de las preocupaciones del mundo entero".
                                               Jimmy Liao: Soy feliz









miércoles, 13 de febrero de 2013

Malditos deberes!

Os deberes ou tarefas escolares ademais de crear hábitos de estudo deberían servir para reforzar e afianzar as aprendizaxes escolares, impulsar a capacidade de traballo autónomo e despertar a curiosidade polo coñecemento. Pola contra, en moitos casos crean fatiga e desmotivación e non poucas veces xeran conflitos familiares e estrés. O alumnado desmotivado, con ritmo lento ou  con dificultades de aprendizaxe non vai mellorar levando máis actividades para casa.

As tarefas escolares non deben:

Ser unha coartada do profesorado para rematar a lección do libro de texto. 


Ser actividades non traballadas con anterioridade na aula a non ser que sexan o punto de partida dunha investigación.

Crear frustración, ansiedade e desmotivación. 

Ser un castigo para o alumnado que non remata o traballo na aula.

Crear desigualdade, non todas as   familias lle poden dedicar o mesmo tempo a axudar nas tarefas escolares nin todas teñen por que ter a preparación necesaria.                                          

Deben:
Crear hábito de estudo e fomentar a autonomía.

Estar adaptadas a cada alumno/a, a súa maduración e ao seu estilo de aprendizaxe.

Sacar o mellor de cada un/ha, ofrecer a oportunidade de demostralo e lograr que as compañeiras e compañeiros aprendan. 

Reforzar as aprendizaxes da aula, ningún alumno ou alumna debería levar nunca unha tarefa que non saibar facer por si mesmo.

Servirse das actividades cotiás da familia como as listas de compra, etiquetas dos produtos almacenados na casa, vídeo ou película visionada, excursións, oficios e aficións das nais e pais...

Aproveitar as posibilidades que nos ofrece internet, aínda que son menos das que pensamos, as familias deben aproveitarse dos numerosos blogues de aula e actividades interactivas creadas por magníficos mestres  e mestras.


Respectar as festas e periodos vacacionais, as nenas e nenos tamén están esgotados e precisan desconectar.

En definitiva, que non se convirtan nunha pesadilla infantil!




Por último, desde a miña experiencia  como titora no 1º Ciclo de Primaria e despois de repetidas reunións coas familias  escoitando e aclarando dúbidas este é un pequeno resumo que espero sexa proveitoso:


  • Ofrecerlles un espazo e un tempo de estudo preferiblemente sempre o mesmo. As veces, unha cociña ben iluminada e recollida pode ser máis axeitada que unha "habitación" sobrecargada e chea de estímulos.
  • Que teñan  preparado o material de traballo  necesario  antes de comezar as tarefas.
  • Todo o que levan para a casa o saben facer. De non ser así, porque podo equivocarme e dar por feito que si o saben , que non o fagan e  por favor facédemo saber cunha anotación na propia ficha.
  • Non se enfaden, non berren, que o momento dos "deberes" non acabe sendo algo temido e odioso para os seus fillos e fillas.
  • Por regra xeral non levarán máis dunha ficha diaria e nunca deben estar máis de 45 minutos. 
  • A fin de semana levarán un poema que memorizarán e ilustrarán para recitar o luns na nosa aula ou nas outras. Axudádelle a recitar ou escoitade como o fan!
  • Comezar sempre polo que máis lle guste, despois o que menos e rematar coa tarefa que lle resulte máis agradable.
  • A lectura preferiblemente diaria debe ser un momento de pracer mutuo; que lles vexan ler, lean con eles en voz alta, que sexan eles os que lles lean, dramaticen  e se un día ou dous están esgotados ou  non teñen ganas non pasa nada...
* Ilustración de Berk Oztuk

domingo, 4 de noviembre de 2012

Coidado!! As paredes oen

"Abonda cun profesor - un só!- para salvarnos de nós mesmos e facer que esquezamos os demais"
DANIEL PENNAC, Mal de escola


Si, as paredes oen, e ás veces as palabras que se escoitan poden facer dano a quen está detrás. Porque cando as mestras botamos a lingua a pacer na aula ou nos corredores coas nosas compañeiras sempre hai unha nena ou un neno que está a escoitar e de seguro que non lle gusta o que están a dicir del. Porque todo o mundo anda a falar do que fai e de  como é : a profe no cole, a mamá no parque, o papá no supermercado, a veciña nas escaleiras... 



É esa imaxe que temos deles e o valor que os nenos e as nenas lle dan o que forma a súa autoestima, polo que non debemos esquecer que na súa formación depende moito a relación  que establecen con nós, os adultos.


Outras veces, coa mellor das intencións, cando gabamos o ben que o están a facer ou  lles dicimos o marabillosos e marabillosas que son, non nos decatamos de que ao mellor ao carón dese neno ou nena  que recibe as gabanzas hai unha compañeira ou compañeiro que nunca recibiu tal e que se lle está a cambiar a cara ou empeza a chamar a atención probablemente da forma que menos desexamos. 


Outro tema é cando imitan todo o que facemos, e como unha imaxe vale máis que mil palabras, deixo "O millor anuncio da historia"...




domingo, 27 de mayo de 2012

O Cullarapo Croque


"Os poemas teñen alma e, se falas con eles e os escoitas con atención, poderás ver como constrúen un mundo cheo de fermosas imaxes...e marabillosas palabras"
Este blogue naceu como parte das actividades dun curso que andiven a facer ata hai pouco. Como é probable que non vaia adiante, antes de que fine gustaríame falar do Cullarapo Croque.

Souben da existencia do Cullarapo por Marta Carracedo, unha das mellores profes que coñezo, e o seu blogue
El Vuelo de Las Mariposas ...iso si que é un blogue!!

Cando vin as ilustracións de Luz Beloso quedei atrapada e aínda por riba ler que as acompañaban poemas que falaban do amor, do respecto...e en EN GALEGO!! Non o pensei máis, eu quero contribuir e facer a miña achega para que o O Cullarapo Croque saia adiante. Tamén teño que confesar que o nome de Croque fixo moito, porque me lembrou a miña infancia cando ía co meu pai a praia de Meira e comiamos os croques ás agachadas para que non nos miraran "as da praia".


Por sorte, pouco tempo despois recibin un correo de Verkami, onde Miguel Ángel despois dos agradecementos preguntaba a quen quería que lle dedicase o cullarapo e a lámina. Dedicado a quen? A min por suposto, que me fai moita ilusión contestei, e se pode ser, apresureime a dicir, pódesmo dar en persoa, coñecémonos e así aforramos custes!!
O luns despois do noso encontro, cheguei ao cole co cullarapo e a lámina baixo o brazo como unha nena pequena con zapatos novos. Non lles deixei que me contaran nada da súa finde, fun eu a que lles quitei o protagonismo para falarlle do meu encontro con Miguel Ángel e presentarlles ao Cullarapo.

Como temos por costume, os venres copian un poema, fan as ilustracións e o memorizan na casa con papá e mamá a fin de semana. O luns seguinte recitaron todos un poema do cullarapo, home moito mérito xa sei que non ten, son a profe e a que mando pero o mellor aínda estaba por vir...
Tivemos a gran sorte de que Miguel Ángel nos enviou dúas cancións e como nos gustou tanto seguimos lendo e recitando na clase ata que un día lles dixen que ía vir o seu autor ao cole. Luz Beloso non podería vir pero lle enviaríamos biquiños nun marcapáxinas.

A profe Paula, con moitísima ilusión e entusiasmo preparou todo para a presentación do Cullarapo Croque. Na súa clase tamén recitaron e aprenderon un poema que despois lle representaron a Miguel.


E chegou o día! As nenas e nenos de cinco anos coas profes Isa e Loli, que ademáis traían uns debuxos estupendos para agasallar, foron os primeiros en chegar e ao pouco xa estabamos preparadas e preparados para escoitar.

Escoitar? Ha! Non lle deixaron case recitar, non sei se foi a emoción, ou o entusiasmo, porque preparado non estaba, pero empezaron a recitar con el e case non pararon ata o final!!

Tampouco estaban cansos cando lles pediu que debuxaran o personaxe que máis lles gustou. Ver a máis de cen nenas e nenas de cinco ata oito anos, os máis peques de xeonllos co papel enriba do banco, como se entregaban e o concentrados que estaban debuxando, foi marabilloso.


Como marabilloso para min foi ver como dous
nenos me pedían, en baixiño e a súa maneira, porque son moi, moi tímidos e a súa autoestima é moi baixa, recitarlle o poema a Miguel Ángel. Primeiro o fixo Noel e despois apareceu Joel, moi teso detrás de nós para dicirme que el tamén o sabía.

Ao día seguinte lles preguntei se lles gustara e como se sentiron. Non o podía crer, os tiña frente de min, mirándome como se eu fora alguén importante, como adultos serios e responsables que é o que pretendemos aínda que non o sexan. Eles non sabían que eu ía contar a historia de Sabela e tampouco a coñecían e cando lles preguntei por ela, moi serios me contestaron que ben pero que case non se me escoitaba. Si profe, contestou outro, falabas moi baixiño. Vaia, síntoo lles dixen. E Gemma, que lle custa tanto falar baixo e gardar o turno como á maioria, díxome moi seria: Profe, no te dijimos nada porque no te queríamos interrumpir. Raios! o que non conseguín eu en oito meses conseguiuno o Cullarapo nun día!!


Por isto, e por moito máis...Grazas Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso!!



O cullarapo Croque from lassa design on Vimeo.

martes, 1 de mayo de 2012

Crear un texto